Queimándonos a vida


Lume que afogas os soños,
lume que invades os montes,
non purificas asasinas os nosos desexos,
as nosas esperanzas.
 
Sempre castigando os mesmos,
da man dalgún malnacido que se fai pasar por fillo
no fogar de breogan.
 
Ti no es nin irmán e tampouco es fillo,
máis ben es un alacrán,
un demo do averno,
un ente do maligno.

Non hai perdón nin purgatorio,
para aquel que afoga con lume,
para o que destrue sen compaixón,
deixando orfos e desamparados,
os fillos da nosa nación.




Licencia Creative Commons
Queimandonos a vida por Antonio Madriñán se distribuye bajo una Licencia Creative Commons Atribución-CompartirIgual 4.0 Internacional.

Entradas populares